Barcala, prata no Open Internacional de Castellón

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

Felipe Barcala caeu na final do peso semipesado (-78 quilos).
Felipe Barcala caeu na final do peso semipesado (-78 quilos). cedida< / span>

O taekuondista do ximnasio Olimpic de Vilagarcía Felipe Barcala Santos voltou a pasada fin de semana de Oropesa del Mar coa prata no peso semipesado (menos 78 quilogramos) do Open Internacional de Castellón. Un éxito que chegou tras encarar tres combates de gran nivel.

Barcala era xunto co responsable técnico do seu club, Miguel Ángel Cuevas, os representantes do Olimpic na ampla expedición cadete e júnior desprazada pola selección galega ata Oropesa del Mar. No caso de Cuevas, á fronte do combinado júnior, subcampión por equipos.

A tamén deportista do Olimpic Paula Gómez acadou pola súa banda o bronce na categoría júnior feminina no Campionato Galego de Técnica celebrado o pasado sábado en Ponteareas. Un posto que lle permite seguir aspirando a figurar na preselección autonómica pra o Campionato de España do vindeiro mes. Silvia Mosquera rematou cuarta na mesma categoría cá súa compañeira.