O extremo do equipo azul aposta pola continuidade do bloque
09 may 2012 . Actualizado a las 07:00 h.O Teucro despediuse o pasado sábado da súa afección cunha victoria ante o Torrelavega, que serviu de homenaxe aos seus seguidores polo apoio que lle brindaron nunha tempada marcada polo sufrimento. Despois dunha mala primeira volta, na que os azuis remataron en postos de descenso ao sumar só seis puntos, o equipo refíxose na segunda metade da competición ata acadar a permanencia a tres xornadas da conclusión. O capitán teucrista, Toño Fernández, fai un repaso do acontecido nun ano difícil que o Teucro comezou cun bloque renovado, con xogadores moi novos pero cunha gran proxección de futuro, e fala do derradeiro partido na pista do Frigoríficos de Morrazo, no que os pontevedreses exercerán como xuices da fase de ascenso.
-A victoria do sábado fronte ao Grupo Pinta puxo o broche de ouro a unha tempada moi sufrida...
-Sabiamos que era un partido para adicarlle á afección. Ao final conseguimos a victoria disfrutando todos dalgúns minutos e eso é importante: que pudimos agasallar aos nosos seguidores cun triunfo no último partido de casa que ía adicado especialmente para eles, porque xa estaba todo feito e foi unha festa para todos.
-Co obxectivo xa cumprido, ¿esquécese o que se sufriu durante todo o ano?
-A verdade é que rematamos coa sensación de que se fixeramos durante todo o ano os números da segunda volta, estariamos loitando por meternos na fase de ascenso. Pero dos erros tamén se aprende, e hai que ter en conta que era un proxecto novo con xogadores procedentes de Primeira Nacional e outros que necesitaban minutos, polo que sabiamos que ía ser unha tempada moi complicada. Por sorte, na segunda volta fomos quen de corrixir os erros da primeira e conseguimos sumar moitos puntos, que foi o que nos deu a permanencia.
-Como ben di, o Teucro fixo unha segunda volta propia dun equipo que loita pola fase de ascenso. ¿Cre que mantendo o mesmo bloque serían quen de loitar por outros obxectivos?
-O mellor que pode facer un equipo é consolidar o bloque para que a xente se vaia adaptando, con algún reforzo para cubrir as posibles baixas ou mellorar algunha liña en concreto. Se mantés o grupo, estás a darlle continuidade ao traballo de todo un ano, a xente coñécese mellor e o equipo vai medrando. Neste sentido, o mellor exemplo é o Palma del Río, un clube que leva varios anos co mesmo bloque e ao final conseguiu o ascenso directo esta tempada.
-Aínda queda o derradeiro partido este sábado en Cangas. ¿Como se mentaliza o equipo para competir nunha última xornada na que non se xoga nada?
-Cando saltas a pista, ao final sempre compites, aínda que penses que é un partido de festa e non te xogues nada. Ademais vai ser un derbi, que sempre é un duelo bonito ao que se vai desprazar xente da nosa afección, polo que intentaremos facer un bo encontro. Se conseguimos a victoria ben, pero alomenos esperamos dar un bo rendemento ante un dos equipos que agardamos que estea na fase de ascenso.
-Despois da derrota ante o Barcelona B, o Frigoríficos Morrazo complicouse o seu obxectivo. ¿O equipo é consciente de que pode ser xuíz da fase de ascenso?
-Imaxino que o Cangas sairá moi forte, porque son eles os que se xogan algo. Pero se queren gañar, terán que demostralo desde o minuto un. O feito de que non nos xoguemos nada non implica que nos deixemos perder de vinte. Se ao final son mellores e consiguen os puntos, pois mellor para eles, que poderán xogar a fase de ascenso, pero nós non imos regalar o partido.
Toño Fernández capitán del Teucro
«Na segunda volta fixemos números como para aspirar
a estar na fase
de ascenso»
«Se o Cangas quere gañarnos este sábado, terá que demostralo desde
o minuto un»