El corredor teense valora las conquistas de su equipo, espera estar entrenándose ?a tope pronto y asegura que no dedicará muchos años más al ciclismo
05 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.A orillas de la temporada 2010, Ezequiel Mosquera sigue fiel a su «imos indo, imos vendo». En su encuentro digital con los internautas de La Voz destacó los logros del Xacobeo y elogió la plantilla de un equipo marcado por la austeridad.
-¿Cómo ves los refuerzos del equipo este año?
-Tivemos uns reforzos bos e acordes co orzamento que se manexaba. Non se podía aspirar a grandes fichaxes, era coñecido por todos que habería axustes. Ese é un traballo dos que mandan. As referencias dos que chegaron son moi boas.
-¿El Xacobeo tiene equipo para ganar una carrera por etapas o solo para ganar una etapa en una carrera por etapas?
-Non sei se temos potencial para gañar unha grande, iso son palabras maiores. Co equipo que temos, o que fixemos ata agora xa ten moito mérito.
-¿No le hubiera gustado que Óscar Pereiro hubiese fichado por el Xacobeo?
-Gustaríame que viñeran Óscar Pereiro, David Blanco, Álex Marque... Pero eu nin pincho nin corto. Os que deciden son os responsables do equipo.
-¿Como é que en pleno ano xacobeo vos rebaixan o orzamento?
-Supoño que a política de austeridade abárcao todo.
-¿Pensabas, cando empezaches no Leyma, que chegarías a onde estás agora?
-Nin de coña. Aínda hoxe pola mañán [por onte] coincidín con Raúl Rey e rememoramos aqueles tempos nos que correr era pasalo ben e o profesionalismo, unha utopía.
-¿Superaches a fisura de clavícula?
-Estou de baixa, pero non creo que por moito tempo. Espero estar adestrando a tope pronto.
-¿La Vuelta 2010 tiene suficiente montaña para ti?
-Ten suficiente para min e para todos. Ao final, o que matan non son as balas, é a velocidade que levan. Pero si que é unha Vuelta moi montañosa.
-¿Por qué no subes con un piñón un poco más grande para aguantar mejor las arrancadas de tus rivales?
-Se me soltan subindo, vanme soltar igual cun piñón máis grande.
-¿Si no fuera por las caídas, habrías ganado la Vuelta?
-Claro que non. Non rendín un pijo nas cronos da Vuelta. Cedín máis tempo do que debería para optar a gañar a xeral.
-¿Te molesta rendir tan poco en contrarreloj?
-De onde non hai, non se pode sacar. Cada un nace cunhas calidades. A crono podes mellorala, pero a esta idade non se pode flipar. Non me sinto molesto, ao contrario, estou contento por render no meu terreo.
-Con un poco más de perspectiva, ¿qué opinas de la sanción en la Vuelta por coger agua?
-Entón subiamos polas paredes. O xuíz foi, cando menos, severo. Ata tivo algúns enfrontamentos verbais acalorados con Pino. Pero, a día de hoxe, se miras a xeral, os 20 segundos non significaron nada.
-¿Algún equipo te ha ofrecido correr el Tour de Francia?
-Algunha das ofertas que tiven antes de renovar co Xacobeo incluían correr o Tour. Pero para firmar un contrato hai que mirar a parte deportiva, a económica e a sentimental. Ao final, o Tour non o é todo no ciclismo.
-¿Volverás a un Mundial?
-Depende de se me seleccionan e do percorrido. No 2009 o seleccionador falou comigo tres veces. Á terceira díxenlle que o ano pasado non quedara contento co meu rendemento e que non levei ben as críticas que fixeron ao equipo, en concreto aos currantes coma min. Correr un mundial é bonito, pero díxenlle que prefería non disputalo a facelo e volver a fallar.
-¿É Contador o mellor ciclista do mundo?
-Creo que é o mellor. Penso que o será por uns anos. Aínda ten 27, e con esa idade Indurain gañou o seu primeiro Tour.
-¿Qué opinas del regreso de Lance Armstrong?
-É positivo. Ata a súa guerra con Contador, aínda que aos españois nos toque a fibra, é boa para o ciclismo. Se no 2009 foi terceiro despois de anos sen competir, é capaz de calquera cousa.
-¿Cuántos años anos te queden al máximo nivel?
-Non o sei. Non vou botar moitos máis anos, seguro. Independentemente do rendemento.
-¿Como ves a base en Galicia?
-Temos moi boa base. Pode que non fora ben a finais dos noventa e a primeiros desta década. Pero co equipo galego houbo un incremento de licencias. E onde hai cantidade, hai calidade. É máis fácil que saia un ciclista no medio de dez que no medio de cinco.