Luís Rei Núñez gaña o segundo premio de novela Álvaro Cunqueiro con «Elas dúas»

La Voz

CULTURA

O escritor Luís Rei Núñez, gañador de premio de novela Álvaro Cunqueiro, nunha imaxe de arquivo.
O escritor Luís Rei Núñez, gañador de premio de novela Álvaro Cunqueiro, nunha imaxe de arquivo. CAPOTILLO

O xurado do certame bianual destacou o forza narrativa da obra e o seu «vívido retablo de personaxes»

07 ene 2026 . Actualizado a las 19:26 h.

Luís Rei Núñez é o gañador do segundo premio de novela Álvaro Cunqueiro coa obra Elas dúas. O xurado, constituído por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario Alberto García Fernández, concelleiro de Cultura do Concello de Mondoñedo, decidiu outorgar por unanimidade o premio ao orixinal presentado baixo o lema Escola Normal. Aberta a plica, o texto resultou titularse Elas dúas e ser da autoría de Luís Rei Núñez.

No seu veredicto, o xurado destacou a forza narrativa da novela, que reconstrúe «de xeito maxistral a Pontevedra de mediados do século XX, na que medra unha apaixonante historia de amor entre dúas mulleres que viven a súa relación alén das convencións sociais da época». O fallo tamén salienta «o vívido retablo de personaxes» que traza Elas dúas e que supón un «admirable retrato do seu tempo e de todo tempo».

Ao longo do primeiro trimestre do 2026 celebrarase en Mondoñedo a cerimonia de entrega do galardón, que ten carácter bianual e está organizado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo A?lvaro Cunqueiro e a Conselleri?a de Cultura. Rei Núñez recibirá entón o primeiro exemplar da obra, publicada pola Editorial Galaxia.