«Reinventio» unirá maxia, danza e circo en nove funcións nas cidades galegas este Nadal

La Voz

CULTURA

Espectáculo «Inventio» hace tres años.
Espectáculo «Inventio» hace tres años. Capotillo

O novo espectáculo dirixido polo ilusionista Martín Varela contará con Mercedes Suárez e Druida Danza, así como a suíza Milena

22 oct 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O espectáculo Inventio, que percorreu Galicia hai tres anos reivindicando o Camiño de Santiago desde outro punto de vista, convértese este Nadal en Reinventio, en referencia ao redescubrimento dos restos do Apóstolo tras ser agochados. Trátase dun espectáculo no que se unirá maxia, danza e circo para contar a «historia dun mago que perde a súa ilusión e ten que mergullarse a través dos seus soños para reatoparse consigo mesmo», explica el artista e ilusionista ferrolán Martín Varela, que está á fronte desta creación.

A nova produción de Thinking Up Events —que ten o apoio de Turismo de Galicia— combinará números de ilusionismo, acrobacias, malabares, equilibrios sobre bastóns, danza contemporánea e números aéreos. Para iso contará coa artista suíza Milena, que destaca por un número de suspensión capilar, e con Mercedes Suárez e a compañía Druida no ámbito da danza. O espectáculo inicia xira o 12 e 13 de decembro en Ferrol. Despois estará en Vigo (día 14), Ourense (día 20), Pontevedra (día 26) e Lugo (día 27). Xa en xaneiro recalará en A Coruña (3 a 4) e en Santiago (día 17).

As entradas -salvo as de Ferrol e A Coruña que sairán nuns días- xa están dispoñibles a traves de www.reinventio.gal e www.ataquilla.com, con prezos entre os 15 e os 25 euros máis gastos de xestión.