Aplausos e flores
«É unha honra para a academia avanzar no proceso de igualdade», remataba Lorenzo o seu discurso, tan ovacionado polo público asistente como previamente fora o de Boullón. Os aplausos elevaron o ton durante a entrega á académica do diploma e da medalla da corporación, outorgada polo presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.
Este último tamén aproveitou para agradecer a presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do reitor da USC, Antonio López.