Manuel Rivas e Martínez de Pisón apadriñan os premios Torrente, que reciben máis de 400 orixinais

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

Manuel Rivas e Ignacio Martínez de Pisón.
Manuel Rivas e Ignacio Martínez de Pisón. Marcos Míguez

Ambos autores, gañadores dos galardóns hai 25 e 30 anos, respectivamente, manterán un encontro na Coruña

22 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

En 1991 Ignacio Martínez de Pisón gañou o premio Torrente coa súa novela Nuevo plano de la ciudad secreta. Cinco anos despois o galardón recaía na colección de contos Que me queres, amor?, de Manuel Rivas. Ambos autores actúan agora como padriños do veterano premio literario da Deputación da Coruña, que recibiu 330 orixinais na súa convocatoria en castelán e 77 na de galego. O fallo coñecerase o vindeiro 10 de decembro.

O galardón tamén servirá para que Rivas e Martínez de Pisón se coñezan en persoa. O xoves 1 de xullo (19.00 horas) Pisón participará nun coloquio na librería Moito Conto. O aforo é limitado e cómpre reservar praza presencialmente ou no correo libreria@moitoconto.com. O venres 2 (17.00 horas) Manuel Rivas guiará a un grupo de lectores e ao propio Pisón nun percorrido polos espazos reais que aparecen nas súas obras, para ás 20.00 celebrar un coloquio de ambos escritores na Biblioteca Provincial. Ambas actividades son de aforo limitado: a reserva de praza debe solicitarse no correo cultura@dacoruna.gal.