O actor Ernesto Chao, premio de honra do Festival de Cans

La Voz

CULTURA

09 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O actor Ernesto Chao recibirá o premio de honra do Festival de Cans, o Pedigree'10, en recoñecemento á súa ampla traxectoria e ao seu compromiso co sector audiovisual galego. Trátase dun galardón que se concede desde o inicio do festival, no 2004, e que recaeu nas edicións anteriores en Luis Tosar, Celso Bugallo, Mabel Rivera, Antón Reixa, Chete Lera e Xavier Villaverde. O festival terá lugar na parroquia pontevedresa entre os vindeiros días 19 e 22 de maio. Será daquela cando se faga entrega a Chao do galardón, o coñecido como Can de Pedra. Entregaranse ademais os xa tradicionais Chimpíns de Prata, que recoñecen o apoio ao festival por parte dunha persoa do mundo do audiovisual e dun veciño da parroquia de Cans. Nesta edición, os galardoados son o actor Víctor Fábregas, coñecido polo seu papel de Tucho no dúo cómico Os Tonechos, e Moncho, propietario do Bar Moncho de Cans, onde se encontra unha das salas máis emblemáticas do festival. A organización atópase aínda traballando para pechar a que será a programación deste ano. Esta será resultado du proceso de selección entre as preto de cen curtametraxes e 30 videoclips de produción galega recibidas.