Kindle, o modelo exclusivo de Amazon

La Voz

CULTURA

15 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Inclúe un teclado e pretende ser no mercado dos e-books o que o iPod é para os reprodutores musicais. Ten unha pantalla de 6 polgadas diagonais, reproduce música e é máis delgado que un iPhone. O problema é que está preparado para o formato exclusivo das obras dixitais que distribúe Amazon. No resto dos formatos precisa de conversión previa. Ten unha utilidade para «recitar» os textos en voz alta e wifi. O prezo é de 359 dólares. Ao cambio ,son 278 euros, pero non se encontra sen importación.