21 ene 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O colectivo Escoitar.org realizou unha intervención no Círculo de Bellas Artes, en Madrid, coincidindo coa inauguración neste espazo dalgunhas das diferentes mostras do Proxecto-Edición.
A intervención tiña como título A que soa Madrid e foi realizada na terraza da sede do Círculo, desde onde se gravaron diversos sonidos da cidade para realizar unha paisaxe sonora do centro urbano.
O Proxecto-Edición ofrece en Madrid unha antoloxía dalgúns dos traballos que circularon por Galicia nas distintas etapas nos tres ámbitos fundamentais do proxecto, CGAC, Marco de Vigo e a Fundación Luís Seoane. María Ruído, Julia Montilla ou Frances Ruiz son algúns dos seleccionados.