«Non botei a Emilio, lamento que pasase isto»

D. Vázquez SADA / LA VOZ

SADA

PACO RODRÍGUEZ

Di que o partido ten nova directiva e que o que fora o seu número dous ten que acatar o cambio

26 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O abandono de Ramón Rodríguez Ares da presidencia partido que fundou no 2005 trala súa expulsión por parte do PP está resultando convulsa. O exalcalde de Sada alíase na súa marcha cun proxecto de renovación que leva por diante o que durante moitos anos foi o seu número dous e voceiro da formación no grupo municipal, Emilio Gómez López, que foi expulsado do partido, dato que se fixo público o pasado mércores. O sector monchista recoñece como nova presidenta a Alejandra Sánchez e como secretario a Iago Rojo, mentres que o suposto expulsado asegura que mantense como secretario da formación e Yolanda Ansede é a nova presidenta. Sen posibilidade dun achegamento todo indica que a decisión se dirimirá xudicialmente.

-Como queda o partido?

-Despois do congreso que se realizou, a presidenta é unha señora e hai nova xunta directiva e xunta executiva.

-Gómez asegura que nunha xunta directiva previa nomeóuselle candidato.

-De xeito presencial non había ninguén, el e unha señora, e dicía que na carpeta tiña os votos, pero os votos teñen que ser presenciais. Do que se trataba era de facer unha nova xunta directa, porque nos catro últimos anos foise deteriorando e as persoas que estaban no partido non asistiron a ningunha das reunións e o que quere dicir é que estaba descompoñéndose. Convoquei o congreso para facer a nova xunta directiva e que marchara o partido de novo, excluíndome a min, porque presentei a renuncia.

-Unicamente como presidente ou deixa a acta de concelleiro?

-Si, como presidente que era. Total faltan tres meses e vou seguir.

-Por que non confía en Emilio como candidato ou para dirixir o partido se eran os dous que o levaban no Concello?

-Non é que non confíe, pero se se convoca un congreso para que nel se escollan as persoas que queiran seguir ou ostentar algún cargo téñenno que manifestar. Non botei a Emilio, el non quería que se celebrase o congreso e quería formar unha nova xunta e dixen que non. Temos uns estatutos e guiámonos por eles, e fixemos o congreso. O que se fixo foi cumprir cos estatutos.

-Gómez, pola contra, di que a nova xunta directiva está formada por Yolanda Ansede e máis el e non lle da validez ao congreso que vostedes realizaron.

-Ala el se non lle da validez, o congreso fíxose de acordo cos estatutos e as normas que ditan os estatutos. Que diga o que queira, pero el podía terse presentado, presentar a súa candidatura, e non o fixo. El cre que as cousas deben de ir doutra maneira e eu doutra. Lamento moito que pasase todo isto, porque eu con Emilio teño unha amizade moi antiga e desgustoume bastante que sucedera isto.