CONVOCADA | O |

31 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SEIS concellos, sete forzas nos seus gobernos. Esa era a imaxe preelectoral da chamada área metropolitana coruñesa, unha entidade inexistente que dá a cualificación de metrópole ó único concello que non a recoñece. Paradoxos. Agora a realidade poselectoral é outra. Dez partidos tomaron o bastón de mando en cinco concellos e outros tres seguen disputándose Carral cando xa pasaron dous meses dos comicios. Con isto de non ferir susceptibilidades, algúns, como os de Sada, optan polo posado conxunto. Imaxe familiar para algo máis cunha suma de siglas. A gaivota só sobrevoa Arteixo, e a rosa e o puño danse o paseíllo en solitario só en Culleredo. Curioso é que o executivo que máis turrou contra María Pita manteña o seu posto outros catro anos máis. Mentres, a bandeira galega coa estrela vermella comparte protagonismo coas margaridas alternativas en Oleiros e cos símbolos socialistas en Cambre. Carral é sitio distinto. Algo mudou. Un novo partido entra na contenda co nome de Unidade Veciñal 26 de Abril, que escolle como símbolo o carballo das Travesas, imaxe do sindicalismo agrario. Esta nova formación disque quere render homenaxe ós Mártires. Hai quen di que estes aumentaron despois do reconto de papeletas.