Javier Caínzos: «Foi a lexislatura crucial»

D. V., t.S. CURTIS / LA VOZ

CURTIS

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, di que se crearon 800 postos de traballo coas grandes industrias

11 may 2019 . Actualizado a las 22:47 h.

Javier Caínzos (Curtis, 1966) leva como concelleiro dende o 95 e alcanzou a alcaldía no 2001

-Como foi o mandato?

-Estase vendo materializado o traballo desenvolvido desde que estamos no Concello, creáronse máis de 800 postos de traballo co asentamento de grandes industrias e un investimento de iniciativa privada de máis de 200 millóns. Fixemos un esforzo coas familias en relación á igualdade e conciliación. Froito diso foi o recoñecemento que tivemos do Goberno central e da FEMP con dous programas pioneiros. Foi a lexislatura crucial de transformación.

-Ten medo a que Curtis se sume a España baleira?

-Estamos alerta e preocúpamos, nos anos anteriores baixáramos en poboación, pero queremos cambiar a tendencia, agora mantémola coa xente que ven a traballar aquí.

-Que leva no programa?

-Unha nova cita coas urnas é unha oportunidade para ratificar e consolidar un goberno serio, estable e de confianza que permita darlle un impulso para o seu crecemento.

-Que lle fai falta a Curtis?

-Levamos un programa amplo de actuacións, pero un dos piares vai ser o desenvolvemento urbanístico nos cascos urbanos de Teixeiro e Curtis para a promoción de vivendas, a maiores de ratificar as peticións dos veciños do rural no PXOM.

Xosé Manuel Tomé (Asembleas Abertas): «Precisamos un servizo de madrugadores nos colexios e colaborar coas ANPA»

Xosé Manuel Tomé (Teixeiro, 1980) leva sendo a oposición varios anos en Curtis.

?Que é o que máis lle amola do goberno local?

?A ausencia de diálogo, non se aceptan propostas.

?Como definiría a xestión?

?Caínzos dirixe o Concello como se fose a súa empresa familiar. Ademais, vive lonxe do municipio, ao igual que moitos dos seus concelleiros, así non sofren os problemas que viven os veciños.

?De ser alcalde, que é o primeiro que cambiaría.

?Pois quitar o medo na veciñanza e que todo o mundo poida participar na vida pública. Precisamos un servizo de madrugadores nos colexios, colaborar coas ANPA, transporte escolar no remate das actividades... Tamén hai que reforzar os servizos médicos.