Os estudantes do campus saborearon onte trescentas tortillas de pataca na campaña «Vivamos como galegos»
21 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.No acceso ao campus norte repartíronse onte trescentas tortillas de pataca feitas por un equipo de cociñeiras da firma Gadis dentro da campaña Vivamos como galegos. Os estudantes e xente allea á Universidade recolleron gratis o envase de plástico onde ía a tortilla. Maruxa Ferrín é unhas das cociñeiras. Vén de Arteixo (A Coruña): «Hoxe somos tres pero polo xeral andamos catro», di mentres outra compañeira asegura que «somos....buf, buf, por Galicia adiante».
«Facémoslle centos e centos de tortillas e non é mentira», asegura. Os ingredientes son bos ovos, neste caso líquidos, e boa pataca sen esquecer, claro, o aceite de oliva. Nada de cebola nin pemento, porque excitábase a xóvenes dicir que non lles vai a cebola. «Trátase de que os xóvenes coñezan os produtos galegos e que saiban comer un pouquiño mellor como se comía antes, que agora... non sei se é porque traballan ou porque non lles gusta cociñar... e así vai a cousa».
O xeito de entrarlle aos viandantes era deste xeito: «¡Malo será que non lle guste a tortilla!» Un señor levou a súa, outros adultos fixeron o mesmo e xa non digamos os estudantes, moitos dos que arranxaron ben un piscolabis para xantar onte.
Manuel Iglesias, de Educación Social ben dicía aquilo de malo será que non se comera onte: «Para a xente que ten fame isto está moi ben. Como entrante xa nos vale». Rosi Lorenzo tamén estaba leda: «¡Home! xa había fame. A tortilla de pataca encántame e a ninguén lle sae igual». Ana María González estaba sorprendida. «A estas horas comer tortilla, ¡malo será!».