Compartín con Miguel Suárez Abel longas tardes de conversa na miña casa de Ponteareas. Alí pasabamos dúas, tres ou catro horas seguidas falando da miña vida. Foi a única persoa que se interesou por facerme unha biografia e sempre lle agradecín moito que un escritor da súa valía quixera escribir a vida dun deportista. Aquel libro deu lugar, entre outras, á seguinte anécdota. Nun dos capítulos eu contaba como me quedou gravada, cando estiven facendo o servicio militar, a figura dun sarxento galego, da Coruña, que mo fixo pasar bastante mal. O caso é que o libro debeu chegar ás mans daquel militar. Como eu daba o seu nome, o sarxento chamou a Miguel para dicirlle que el non se lembraba de que un tal Pino estivera alí facendo a mili. Eu si que me lembro aínda hoxe. Recoñezo que non son moi afeccionado á lectura pero gracias á amizade con Súarez Abel lin a súa novela Turbo. Gustoume moito ese libro, é un tipo de narrativa que me gusta. Despois tamén leín algún libro máis deste bon escritor e mellor persoa.