O Sigaltec encara a dobre misión de vencer o Betanzos e honrar o seu gran ex capitán
BETANZOS
Cunha xeira de cinco derrotas, as dúas últimas ante rivais directos na guerra por continuar na categoría, o Sigaltec CLB ten esta tarde unha dobre misión
07 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Con xa só seis partidos de Liga por disputar, cada un deles se presenta como unha auténtica final para o Sigaltec CLB. Penúltimo clasificado cun balance de 6 vitorias e 14 derrotas, o conxunto vilagarcián recibe esta tarde (19.00 horas, Pavillón Municipal Sara Gómez) a un Ineltrón Santo Domingo Betanzos que gañando hoxe podería amarrar virtualmente a permenencia un ano máis na Tercera FEB.
Cunha xeira de cinco derrotas, as dúas últimas ante rivais directos na guerra por continuar na categoría, o Sigaltec CLB ten esta tarde unha dobre misión. A de aferrarse á Tercera FEB a costa dun rival «moi veterano, cun dos quintetos máis asentados da Liga», comentaba onte o adestrador vilagarcián, Luis Gabín. E a de gañar o partido para honrar así o gran capitán do BBC, placa base do proxecto masculino do CLB. Un Gus Andújar retirado por segunda vez o verán pasado logo de axudar o club a volver ao baloncesto nacional, e ao que hoxe, no descanso do partido, se lle retirará a camiseta co seu número 5.