Un certame de referencia

La Voz

ARTEIXO

Se as pandereteiras estaban pletóricas cos seus premios, non menos contentos se manifestaban os directores dos grupos. Gema Moreira e Álex Insua comparten traballo en Nemeth, onde o galardón chegou despois dunha semana de moitos nervios pola estrea do traxe, pero o segundo tamén dirixe ás nenas de Baio que acadaron o primeiro premio na categoría A. Nuria, Laura e Claudia teñen sobradamente demostradas as súas dotes coa pandeireta, xa que a primeira vez que participaron nun concurso, que foi o ano pasado no de Cantigas e Agarimos, gañaron, e neste de Xiradela, que para elas era o segundo, tamén.

Os profesores coinciden en que o certame de Arteixo é unha referencia ao que cada ano asisten moitos grupos de toda a provincia, sobre todo, e de toda Galicia. Tamén destacan a calidade dos grupos. «Cada vez están mellor preparados», sinala Álex Insua.