En 10 anos xerou máis de 8.100 empregos e axudou a centos de empresas
14 mar 2026 . Actualizado a las 20:30 h.A creación de emprego estable, de calidade e vencellado ao territorio consolidouse como un dos eixos centrais da acción política da Deputación da Coruña ao longo do último decenio. Nun escenario económico marcado pola transformación dixital, a innovación e os cambios nos modelos produtivos, o goberno provincial aposta por políticas activas de emprego que contribúan a construír un modelo económico máis sostible, inclusivo e competitivo, con raíces no territorio.
O Plan de Emprego Local (PEL) é unha das principais apostas de impulso económico da Deputación da Coruña. Entre 2016 e 2025 destináronse máis de 127 millóns de euros e creáronse 8.131 empregos, consolidándose como unha ferramenta chave para fixar poboación, promover emprego estable e mellorar a competitividade das empresas, especialmente no medio rural.
«O noso obxectivo é promover un emprego que non sexa precario nin deslocalizado, senón arraigado aos concellos, capaz de fixar poboación, fortalecer o tecido produtivo e xerar oportunidades reais», subliña o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen destaca que «ademais de crear novos postos de traballo, o Plan de Emprego Local dá estabilidade a empresas e proxectos emprendedores que, doutro xeito, terían moitas máis dificultades para consolidarse».
Nos orzamentos de 2026, a área de Emprego conta cunha dotación de 16,3 millóns de euros, reafirmando o compromiso da institución cun modelo de emprego ligado ao tecido produtivo local. Un dos datos máis significativos do programa é o seu impacto no emprego feminino: máis do 50 % das persoas beneficiarias das axudas ao emprendemento son mulleres.
PEL-CONCELLOS
Máis de 400 contratos durante o ano 2025. Esta liña de axuda está orientada á inserción laboral de persoas con especiais dificultades de acceso ao emprego. Os municipios da provincia reciben financiamento para realizar contratacións que, ademais de xerar emprego, reforzan os servizos municipais dos que goza a cidadanía. En 2025, 91 concellos participaron nesta liña, que permitiu a contratación de máis de 400 persoas cun investimento de 3,5 millóns de euros. Trátase dunha ferramenta chave para promover a cohesión social e a igualdade de oportunidades, cun impacto especialmente relevante nos concellos rurais.
PEL-Pemes
Creáronse máis de 3.000 empleos. Céntrase no apoio ás pequenas e medianas empresas, subvencionando ata o 60 % dos custos das novas contratacións. Grazas a este programa, incentivouse xa a creación de máis de 3.000 empregos no tecido empresarial da provincia.
PEL-Autónomos
Este ano, unha liña de axuda para alugueiros de locais. Máis de 4.600 profesionais recibiron axudas da Deputación nos últimos anos para facer fronte ás cotizacións á Seguridade Social. Como novidade en 2026, esta liña incorpora axudas que van dos 200 aos 500 euros mensuais para o alugueiro de oficinas, baixos comerciais e centros de traballo, ampliando o apoio da Deputación ás necesidades reais do colectivo autónomo e reforzando a viabilidade dos proxectos emprendedores.
PEL-Emprende
Reforzo da competitividade das empresas. Esta liña está orientada a impulsar a modernización do tecido empresarial mediante o apoio ao investimento produtivo, a dixitalización e a mellora de infraestruturas. Ata o momento, máis de 2.800 empresas da provincia beneficiáronse destas axudas, reforzando a súa competitividade e capacidade de adaptación aos cambios do mercado.
Coworkings
Doce espazos para fixar talento no territorio. Outro dos piares da política de emprego da Deputación é a Rede Provincial de Coworkings, integrada por 12 centros distribuídos por todo o territorio. Funcionan como viveiros de talento en concellos pequenos e medianos, ofrecendo infraestruturas modernas, acompañamento técnico e un ecosistema de colaboración.
O CEI, unha realidade que xera emprego cualificado
Entre os proxectos estratéxicos impulsados pola Deputación destaca o Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior estudo de produción audiovisual virtual de España, que supuxo un investimento de máis de 9 millóns de euros. O CEI é xa unha infraestrutura plenamente operativa. Situado na Cidade das TIC da Coruña, acolle producións audiovisuais e xera emprego cualificado en ámbitos como a produción virtual.
MercaNaVila dinamiza 16 millóns de euros entre o pequeno comercio
Entre as iniciativas máis innovadoras da área de Emprego da Deputación atópase MercaNaVila, un programa pioneiro posto en marcha a finais do 2025 para apoiar o comercio de proximidade nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Desenvolvido en colaboración coa Federación Galega de Comercio, o programa logrou mobilizar 16 millóns de euros en vendas nun período de pouco máis dun mes.
Entre o 20 de outubro e o 3 de decembro do ano pasado descargáronse 93.453 bonos desconto, realizáronse arredor de 300.000 compras e participaron 1.080 establecementos de toda a provincia. Os bonos, de ata 100 euros por persoa, permitiron activar o consumo nun momento clave para moitos negocios e contribuíron a reforzar a súa viabilidade económica.
«O comercio de proximidade é o corazón das vilas; sen comercio non hai vida. A verdadeira sostibilidade é a que representa o comercio local de Galicia», subliñou González Formoso, destacando tamén o efecto tractor do programa sobre a hostalaría e outros sectores vinculados ao consumo local. O éxito da iniciativa levou á Deputación da Coruña a anunciar a súa continuidade e o deseño dunha campaña aínda máis ambiciosa para este ano 2026.
Sara Gascón: «Sin la ayuda tardaríamos dos años en comprar el tractor»
Sara Gascón (Madrid, 1982) intentó desarrollar en Ávila un proyecto de casa rural con animales para la interacción con el público. Pero Granja Labrada vio la luz mucho más al norte, en el municipio coruñés de Mañón, a donde llegó en el 2019.
—Y aquí encontraron lo que buscaban.
—Sí, Galicia es perfecta para un proyecto así, una locura paisajística. Ahora tenemos una casa rural con 20 caballos con los que desarrollamos actividades con los clientes, todo muy bien integrado.
—El proyecto contó con ayudas de la Diputación.
—Sí, gracias al PEL-Autónomos para renovar maquinaria. Teníamos un tractor muy gastado y si no fuera por la ayuda provincial, habríamos tardado dos años en conseguir el nuevo. Es básico tener las herramientas adecuadas para sacar adelante un proyecto así. También tuve ayudas para contratar personal dos años.