Que persoa dá nome ao colexio Sal Lence?

Manuel Monge TRIBUNA ABIERTA

A CORUÑA

CESAR QUIAN

Debería cambiarse tamén o nome en aplicación da Lei de Memoria Histórica

15 ene 2022 . Actualizado a las 10:20 h.

Claro que o título deste artigo non é unha adiviña. Por que leva ese nome o colexio? Ana Lorenzo escribía un artigo nestas páxinas hai seis anos, que titulaba ¿Quién era Jerónimo Sal Lence?: «Estudió Medicina en Santiago y en 1904 ingresó por oposición en el Cuerpo de la Sanidad Militar, donde estaría hasta el año 1928, cuando pasó a la reserva. Seguidor del Partido Galeguista, colaboró con la Real Academia Galega». No meu libro Os restos do franquismo en Galiza, xa explico que este oftalmólogo, nado en 1883 e falecido en 1960, non é quen dá nome ao colexio.

Jerónimo Sal Lence Otero Ferreiro tivo un fillo, Jerónimo Sal-Lence Hervada, que era tenente de Sanidade Militar e morreu o 27 de outubro de 1936 nun accidente aéreo en Asturias, combatendo no exército de Franco. A necrolóxica que se publicou con motivo do cuarto aniversario da morte de Sal-Lence Hervada daba datos sobre a súa militancia en Falange Española: «Camisa Vieja de F.E.T.»

A Comisión Permanente Municipal do 31 de decembro de 1937 ten coñecemento dun escrito de Jerónimo Sal Lence ofrecendo a doazón de «tres casas o chalets agrupados, como igualmente la mitad de los solares que forman parte de dicha finca, por si todo ello quisiera destinarlo a algún fin benéfico-social». O Pleno extraordinario do 9 de xuño de 1938 acepta a doazón do doutor Jerónimo Sal Lence e acorda que o Grupo Escolar «llevará el nombre del finado hijo del generoso donante, caído por Dios y por la Patria en la actual Cruzada salvadora de España».