Faleceu José Luíus Fernández Caamaño, excantante de Los Satélites
24 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.O excantante de Los Satélites José Luís Fernández Caamaño morreu o sábado e hoxe as súas cinzas serán soterradas no cemiterio de Artes, en Carballo. Así o lembraba onte o tamén excantante de Los Satélites, Sito Sedes: «Qué soledad, que inmensa soledad invade el alma mía... (…) Mi corazón se llena de emoción, palpita de esperanza». Isto di a letra de Triste papel, un dos meus boleros preferidos. Podería cantalo en memoria de José Luis, aínda que el onde se sentía máis cómodo era cantando en español, na copla, en aquel Campanero jerezano, «haz que doblen tus campanas porque ha muerto mi querer». José Luis foi un cantante de Los Satélites moi importante, cunha voz forte e moi agradable». Contaba Sito que foi detrás del en dúas ocasións; «El viñera de Carballo, da Orquesta Bergantiños, para a Sintonía da Coruña. E no ano 1965 eu vin de Ferrol para a Sintonía, porque José Luis marchaba para Os Satélites. Despois, cando el marchou para Os Trovadores, onde estaba Álvaro Pita, eu fun para Los Satélites. Así que sempre fun tralas súas pegadas». Para Sito Sedes «José Luis era unha persoa á que non se lle podía facer dano e para min era como da familia. Gustáballe a parranda e nos últimos anos viámonos a míudo. Desde Carballo foi facer a mili a Ferrol e estando alí participou nun concurso de Radio Ferrol que se chamaba Camino de la Fama e gañouno. Era como o Desfile de estrellas que había na Coruña, en Radio Nacional, no que tamén participou». E remataba: «Pasou toda a súa vida nas orquestras, sendo un cantante con personalidade. Despedir a un amigo sempre é un triste papel».