A árbore pasará a ser propiedade municipal
28 jun 2017 . Actualizado a las 14:06 h.O piñeiro situado nas inmediacións da rúa do Pombal e nos accesos á urbanización Cavamontes, en Perillo, será protexido polo Concello de Oleiros cun pequeno muro de pedra. Esta grande árbore pasará a ser de propiedade pública debido á obriga do seu actual propietario a ceder parte da finca para a creación de novas vías. Desde o departamento de Urbanismo do Concello de Oleiros deseñouse ese tramo de rúa coa protección deste piñeiro que ten máis de 80 anos de antigüidade, indicaron fontes municipais.