Este Concello non queda parado

Xulio Ferreiro

A CORUÑA

Ogoberno da Coruña creu e crerá sempre na necesidade de facer da nosa unha cidade máis xusta, baseada na igualdade. Por iso traballamos, da única forma que sabemos, en común, para preparar un proxecto que aposta polo social máis que polo cemento. A nosa Estratexia Integrada de Desenvolvemento Sostible (EIDUS) foi alabada e posta como exemplo en distintos foros. O último, en Córdoba, diante de ducias de cidades. Non obstante, na primeira convocatoria para optar aos fondos europeos quedamos a unha escasa marxe de conseguilos. Acatamos a decisión, igual que moitas cidades, de todas as cores políticas, algunhas con equipos moi experimentados, que tamén quedaron fóra. Pero non cremos no alarmismo. Nin no alarmismo nin no todo vale. Cremos no traballo. E por iso xa estamos a traballar para a nova convocatoria. Apostamos polo noso proxecto, que conta co respaldo de moitas voces expertas e que presentaremos reforzado e mellorado. Estamos convencidos de que conseguiremos os fondos. Non só porque o proxecto é pioneiro, senón porque reaccionamos rápido. Unhas horas despois de coñecer o primeiro fallo xa estabamos en contacto cos técnicos de Facenda para saber, ao seu xuízo, en que tiñamos que mellorar. Este Concello non queda parado. O que lle pedimos ao resto de grupos, xa é non lealdade institucional, senón lealdade coa veciñanza. Estamos xa ante unha nova convocatoria, e haberá máis. Non xeremos alarmas. Sei que o conseguiremos. Todos e todas, xuntas.