«Aos galegos non nos coñecen na ONU, senón virían a por nós»

La Voz

A CORUÑA

Xabier Deive e Luís Iglesia protagonizan a obra
Xabier Deive e Luís Iglesia protagonizan a obra . M. de Curras

Xunto ao actor Luís Iglesia protagoniza o espectáculo cómico-musical «Filosolfando»

13 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de coincidir en varios traballos, Xabier Deive (Narón, 1970) e Luís Iglesia quixeron mostrar a súa faceta máis divertida co espectáculo Sede de mal, una comedia que os levou a recorrer setenta escenarios, e que lles deu pulo para facer unha nova montaxe cómico-musical -Filosolfando-, que esta noite presentarán no Fórum (21.00 horas, 9 euros)

-¿Que atoparán os espectadores neste novo espectáculo?

-É unha reflexión sobre o pensamento galego. Nós invitamos ao público a unha viaxe, a un cruceiro no que imos saír todos dispostos a espallar o pensamento galego polo mundo adiante, porque pensamos que o pensamento galego podería arranxar moitos dos problemas do mundo. Aos galegos non nos coñecen na ONU, porque senón virían a por nós. Con esta relatividade galega temos solución para moitos dos problemas do mundo.

-O presidente do Goberno en funcións é galego e a cousa non está para botar bombas...

-[Risas]. Ao mellor é precisamente por non afondar no pensamento galego.