«Un profesor díxome si podía tocar na Escola de Idiomas»

O gaiteiro actuará mañá no centro por primeira vez e prepara unha viaxe para o verán á Galicia de Polonia


Calcula que leva máis de 60 años tocando a gaita, no só en distintos lugares de Galicia senón polo mundo adiante, desde Polonia a Nova York e ata tocou «para o papa, para Juan Pablo II, cando estivo en Santiago». Pero mañá, Pepe Temprano vai «tocar unhas pezas» nun lugar onde nunca estivera tocando: na Escola de Idiomas da Coruña. De todo isto falaba onte este veterano gaiteiro antes de dar unha das clases que está impartindo en Pontedeume, na asociación folclórica e cultural Orballo. Con esta entidade ten previsto viaxar «á Galicia de Polonia» para o vindeiro verán, no mes de agosto.

-¿Cómo xurdiu esa actuación na Escola de Idiomas?

-Un profesor que traballa alí, que tamén é gaiteiro, díxome si podía ir tocar alí un día e como eu son doado de convencer díxenlle que si e alí estaremos para tocar unhas cantas pezas do país.

-¿Vai a ir acompañado entonces?

-Si estarán tamén Ana Rodríguez e Raúl Barbeito.

-¿Tamén son gaiteiros?

-Tocan a gaita, a pandeireta, o tambor, son uns músicos moi completos.

-¿Vostede sigue tocando en moitos sitios?

-Estou sempre ocupado. Toco con todos os grupos que me chaman, ademais do que temos a familia Temprano. Ás veces toco tamén nos enterros...

-¿Como é iso? ¿En moitos enterros?

-Bueno, en algúns, tampouco en moitos. Un ao que fun tocar que era dun directivo do Deportivo que pediu que tocara en San Amaro. Hai pouco unha muller chamoume porque seu pai era moi amante do folclore e quería que tocara no seu funeral. Enfadeime un pouco porque non me deixaron tocar na igrexa, cando sempre se tocaron as alboradas, toda a vida era o normal.

-¿Como é iso da viaxe á Galicia de Polonia?

-Xa estiven alí hai trinta anos. É a zona das montañas e aquilo está cheo de artistas, de feito eu teño varias cousas na miña casa que trouxen daquela vez. Alí había artesáns, pintores, aínda me lembro dalgúns, a ver como están agora. Tamén estivera tocando no pazo de congresos de Varsovia. Daquela eramos ricos, porque alí deixabas unha propina dun dólar e para eles era un dineral. A ver si sae esa viaxe coa xente de Orballo. Tamén quería volver a Nova York, a ver si me levan.

-¿Xa estivera?

-Si, e fixera moita amizade con Emilio González López, que era da parroquia de Oza. Falamos moito, pero teño a mágoa de que non fixen nin unha foto con el. Era republicano e tivo que marchar para alá. Cando estiven alí tamén toquei no San Patrik.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Un profesor díxome si podía tocar na Escola de Idiomas»