Fernández Maira cifra en casi 250.000 euros as ventas de libros
12 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Rematou a Feira do Libro da Coruña, pero Antonio Fernández Maira, coordinador xeral da Federación de Libreiros de Galicia, non para e na tarde de onte viaxaba a Monforte de Lemos para preparar a edición daquela vila e mañá estará en Viveiro, onde tamén empeza unha feira do libro.
-¿Como foi na Coruña?
-Para a que está caendo, a feira foi un éxito total tanto de público como ventas, que foron de cerca dos 250.000 euros do ano pasado. Iso quere dicir que se mantivo, que está moi ben.
-As actividades paralelas tiveron moi boa aceptación, ¿van a seguir con elas o ano que vén?
-Tódolos anos procuramos innovar un pouco para darlle frescura a feira, aínda que no estrutural vai ben e non parece necesario cambiar nada. O bo deste ano foi que nesas actividades participaron libreiros e editores o cal quere dicir que teñen interés en facer máis cousas que só estar na caseta.
-¿A que foi debido a redución de casetas deste ano?
-Hai librerías que non poden duplicar, estar no seu local e na feira, porque non teñen persoal ou por outras razóns. Este ano estiveron seis librerías menos e notouse.
-¿Que papel xoga a presenza dos editores na feira?
-É bo porque os que estiveron son sobre todo editores pequenos que fan unha oferta de libros que non é habitual. Afortunadamente cada vez hai máis librerías especializadas e isto, xunto cos editores, facilita a diversidade en canto a oferta.
-¿Seguirán contando con Ámbito Cultural e Telefónica?
-Si, a exposición de Telefónica está resultando moi ben e por iso vai estar todo este mes. Queremos contar máis coa iniciativa privada, con grandes empresas que teñen fundacións, porque as institucións axudan, pero xa non poden moito.
-¿Algunha novidade para a Feira do Libro Antigo?
-Empeza o luns, o día 15, e haberá 19 casetas de toda España, algunha delas é novidade. Vai ser unha feira moi boa e de moita calidade.