11 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
O Cineclube Lumiére, de Vigo, presenta hoxe o filme Liverpool, unha coprodución de Arxentina, Holanda, Francia, España e Alemaña dirixida por Lisandro Alonso no 2008. O filme conta a historia dun home que leva os últimos vinte anos traballando de mariñeiro. Bebe, págalles ás mulleres coas que se deita, e non ten amizades. Liverpool foi premiada no Festival de Xixón. 20.30 horas. Entrada 3 euros.