«A Marina é un exemplo lamentable da estética urbana»

Elena Silveira
Elena Silveira A CORUÑA

A CORUÑA

CÉSAR QUIAN

Entrevista | Mario López Rico O concelleiro aposta pola rehabilitación e preocúpalle crear «vivendas dignas»

15 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?n dos campos nos que o BNG foi máis crítico na oposición foi a vivenda e a rehabilitación. Mario López Rico, pola súa formación profesional, era o encargado de censurar proxectos do goberno ou lanzar propostas. Agora ten a oportunidade de facer unha política diferente e, por iso, di que está satisfeito. -¿Que eixos ten esa nova política? -Na cidade hai preto de 20.000 vivendas valeiras. Non é necesario construír máis. A cuestión é facelas accesibles aos colectivos máis desfavorecidos. Penso que neste sector se pode aplicar o principio das tres erres: reducir, reciclar e reutilizar. Busquets, encargado de renovar o PXOM, pensa igual e propón rebaixar a densidade poblacional reutilizando áreas poboadas, esponxándoas e dándolle valor á rehabilitación. -Xa existe una oficina municipal de rehabilitación. -Leva 9 meses en marcha, pero hai que potenciala, dinamizala e realmente utilizala. Poderemos facelo cun cambio de mentalidade no goberno. -¿Como se promove a rehabilitación? -Reforzando as axudas existentes e conseguindo máis, seguindo un conservacionismo máis rigoroso no Pepri, e ampliando as áreas de rehabilitación integral. -¿En que barrios? -Zonas deterioradas pero cun valor arquitectónico importante, que haxa que conservar pero non reedificar. -¿Como cales? -Por exemplo, no Ensanche. Hai que incentivar máis a conservación que a reedificación. -¿Deben eliminarse as terrazas de María Pita? -Haberá que buscar unha solución para que os hostaleiros poidan ocupar a vía pública de maneira branda e respectuosa. Se podería convocar un concurso de ideas, coa participación de todos. -Xa hai unha ordenanza, ¿haberá que cambiala? -No novo Pepri haberá que desenvolver unha nova sobre mobiliario e estética da rúa. -¿Arranxará a rúa Real? -Ten un pavimento magnífico, pero a rotulación é excesiva e haberá que buscar algo máis respectuoso co entorno, que permita ver as fachadas. -¿Cando aplicará esa normativa na Marina? -É un exemplo lamentable da estética urbana, como as terrazas de María Pita. -O Concello culpou, en parte, á lentitude da xustiza polos desplomes de edificios que non se rehabilitan. -A xustiza lenta en urbanismo é letal. Debería habilitar mecanismos para resolver en pouco tempo estas cuestións.