«A relixión é unha opción de dialogo entre Oriente e Occidente»

Saúco Fernández
Saúco Fernández A CORUÑA

A CORUÑA

KOPA

Entrevista | Victorino Pérez Prieto

01 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?s ríos baixan cheos de Deus é o título do último libro de Victorino Pérez. O teólogo e escritor galego firma a primeira antoloxía poética relixiosa da literatura do país. A obra recopila máis de 200 poemas de 90 autores distintos enmarcados dende a Idade Media ata hoxe. O venres (20 horas), Victorino Pérez falará sobre este libro nun acto de presentación que terá lugar en Portas Ártabras. -¿Xa había poesía religiosa nos comezos da literatura? -Se nos remontamos aos comezos da literatura encontrámonos coa poesía relixiosa. Os textos máis antigos da Biblia non son máis que poemas, versos aos que se lles encheu de ritmo. -¿Cómo é seu libro? -Os ríos baixan cheos de Deus é un libro que está dividido en dúas partes. Na primeira fago un estudo sobre a poesía relixiosa en Galicia. A segunda é unha antoloxía poética onde recollo 200 poemas dende a Idade Media. -¿Pódese decir que a literatura galega conta cunha extensa obra poética religiosa? -Claro que si. A xente sorprenderíase de todos os autores que hai na nosa literatura con conviccións relixiosas. No libro recóllense poemas de Afonso X, de Rosalía de Castro, de Manuel María ou de Celso Emilio Ferreiro. Dentro de todos estos autores, algúns eran practicantes e outros non, pero iso non ten que ver coa relixiosidade. -¿O mundo actual é menos relixioso? -Non, creo que non, para min vivimos nun mundo profundamente relixioso. O que sucede é que a sociedade actual, sobre todo os mozos, son moi críticos coas institucións relixiosas. Ten certa lóxica porque a ninguén lle gusta que lle digan o que ten que facer. A relixión vai moito máis alá que a mera práctica relixiosa. É unha experiencia universal. -¿Cal é o papel da relixión neste mundo de conflictos culturais? -A relixión convértese nunha alternativa de diálogo entre Oriente e Occidente. Alí onde hai unha experiencia profunda de realidade hai unha experiencia relixiosa. A relixión serve para unir, non para dividir. A realidade divina é unha, independentemente do nome que se lle queira dar.