06 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
? BNG de Sada insiste en denunciar o gasto esaxerado que varios membros do equipo de goberno realizan en chamadas desde teléfonos móviles municipais. Os nacionalistas aseguran nunha nota feita pública onte que «o propio goberno municipal recoñece o descontrol no uso dos móviles». Ademais, din que o concelleiro José Luis Santamaría fixo un gran número de chamadas internacionais con cargo as contas do concello. Un extremo que Santamaría desmentiu.