19 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
O Concello de Betanzos presentou unha queixa ante Unión Fenosa para que arranxe os problemas que se rexistraron os últimos catro días na zona de Valdoncel. Segundo as informacións ofrecidas pola compañía, o problema foi solucionado tras revisar as instalacións e localizar o punto que provoca os cortes. Aínda que desde o goberno local se valora a modernización da rede feita pola compañía, estímase que se deberían ter en conta novos traballos. Insiste en que é preciso cambiar a liña de baixa tensión en A Condomiña, realizar melloras en Castro-A Angustia, na rúa Venezuela, revisar a liña da Graña e reducir o recorrido da de Infesta-Limiñón-Cesuras.