Participaron Miguel de Lira e Mabel Rivera, entre outros Cómicos e actores galegos puxeron a nota lírica nos actos culturais
17 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.? Días das Letras Galegas pechou con lirismo e humor ácido no Macuf. O Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa acolleu onte da tarde un certame de monólogos a cargo de actores galegos e con música interpretada por Víctor Aneiros. Os responsables desta iniciativa, bautizada como Discursos de tarabelos, optaron por organizar un acontecemento que se distinguiu dos habituais neste día. Os numerosos discursos en pro da defensa da cultura galegas reproducidos en diferentes partes da cidade o longo do día remataron con monólogos conducidos por Paco Pestana. O máis aplaudido de tódos os participantes no acto foi Xesús Ron, que, tras pedir ao público que lle chamasen Agamenón, ofreceu un monólogo irónico sobre a situación actual do galego. Parodia Ante un auditorio completamente cheo tamén falou o actor Miguel de Lira, que fixo unha parodia do Quixote tamén moi aplaudida. A actriz Uxía Blanco tamén se sumou ao acto, lendo un texto de Chano Piñeiro.