PLAZA PÚBLICA | O |
26 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A UDC ten a especificidade de contar ao pé do seu Campus principal cun apeadeiro de ferrocarril que a conecta con áreas significativas do territorio ao que ofrece de forma preferente os seus servicios de educación superior. O apeadeiro de Elviña, que se sitúa a menos de 400 metros de seis centros nos que se imparten 14 titulacións, e apenas 1.000 metros de outros catro na Zapateira, abre unha oportunidade única. A gran infraestructura ferroviaria propia do nivel territorial xa está construída e a UDC está incardinada neste elemento, o que posibilita unha maior accesibilidade dende a rexión urbana: As Xubias, O Burgo, Cambre, Betanzos, Miño, Pontedeume, Fene, Neda, Ferrol... Calquera medida de fortalecemento do nexo que o ferrocarril representa dotará de maior cohesión e eficacia o conxunto do sistema urbano a escala territorial, o que redundará no seu desenvolvemento económico, social e cultural. Accesibilidade A UDC debe impulsar accións que creen escenarios que fortalezan os diferentes elementos do sistema: a conexión entre os diferentes modos de transporte pode ser unha opción. A rede ferroviaria, a rede municipal de autobuses urbanos e o transporte público comarcal poden confluír no apeadeiro de Elviña, que como estación intermodal optimice a accesibilidade dende o territorio. Este é o proxecto que a UDC pretende desenvolver en colaboración con ADIF (Renfe) e a Deputación Provincial da Coruña. Minusvalorar ou ignorar as enormes potencialidades do ferrocarril na escala territoria, debilitará as partes do sistema urbano ao que serve, debilitándoas nun tempo de forte competitividade entre cidades. Un tempo no que a capacidade de atracción de recursos económicos e humanos ten moito que ver coa eficacia e sosteñebilidade das estructuras urbanas e territoriais que serven de soporte ao conxunto do sistema. Xosé Lois Martínez es vicerrector de Infraestructuras e Xestión Ambiental de la Universidade da Coruña