Na procura de solucións

Jesús Garrido

CIENCIA

No Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento 2017 buscamos algún sistema breve e eficaz para implicarnos nunha sinxela investigación: recolle o periódico noticias e solucións que se van achegando no mundo e que demostran que os inventos científicos contribúen de verdade á paz e o desenvolvemento dos pobos? O traballo é simple, pero hai que facelo se queremos demostrar que a ciencia non é algo afastado e que o seu traballo nos rodea en toda a nosa vida. Comprobámolo? > CIENCIA, PAZ E DESENVOLVEMENTO

08 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Trátase dun xogo simple que utiliza catro letras e serve para recordar catro pasos importantes para resolver dun modo creativo un problema, buscando unha solución simple e rápida: do it.

  • Recorda, por suposto, que neste caso buscamos boas ideas para solucionar problemas que teñan relación co tema desta semana, na que celebramos o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.
  • Temos en conta, pois, esas tres palabras crave: ciencia, paz, desenvolvemento.
  • Que técnica podemos seguir para buscar solucións creativas e eficaces?

 «Do it»

DEFINIR O PROBLEMA

  • Por que existe ese problema, cales son as causas e a situación actual de urxencia que require unha solución.
  • Dividimos o problema en pequenas partes co fin de que se comprenda mellor e prestarlle logo a axuda que corresponda.
  • Que é o máis urxente, de forma que, resolta esa dificultade, mellora a situación xeral?
  • Que criterios debemos ter en conta para buscar unha solución, que é necesario respectar e manter, con que medios de todo tipo (económicos, estéticos, prácticos, posibles, respectuosos cos demais) contamos para buscar unha solución de calidade e que se admita no grupo?

 «OPEN», ABRIRSE A POSIBLES SOLUCIÓNS

  • Coméntao cos demais do grupo, que che falarán de posibilidades, riscos, dificultades, compromiso na solución que se tome.
  • Abre o campo de investigación, non tomes só un camiño, mira as cousas desde diversos puntos de vista, comproba aos poucos a solución posible, le e decátate das solucións que outros deron.
  • Investiga e comproba aos poucos tanto os pasos que van tendo éxito como os que tropezan con dificultades, ábrete á realidade.

IDENTIFICA AS DIVERSAS ALTERNATIVAS

  • Fíxate no porqué de fallos que houbo na solución e na razón dos éxitos: decisións que non parecían importantes ás veces funcionan.
  • Mide non tanto se che gustan ou non esas alternativas, senón máis ben se funcionan aínda que non coincidan coas túas.
  • Atende á reacción que o proceso, as súas dificultades e os seus éxitos van producindo no grupo. E non se trata de vencer e proclamar quen tiña razón: hai que saber perder e non gloriarse das propias ideas.

TRANSFORMA: DÁLLE FORMA E CONSISTENCIA AO PRODUTO LOGRADO

  • Fixámonos na aplicación real que se lle vai dando á solución proposta, xa que non se trata de ter acertado senón de cumprir os pasos para o seu cumprimento.
  • Ás veces vemos que esa é a solución. Pero ninguén se compromete a levala adiante. Que fallou?
  • De aí a transformación: É difícil a solución proposta? Ninguén se compromete ? Faltan tempo, ánimos, recursos, dirección, repartición de tarefas, avaliación máis continua, recursos, ganas?
  • A creatividade existe cando chega a facerse e, se non, hai que renovar os pasos, as esixencias, os tempos, o liderado no grupo, etcétera.

Cinco grandes inventos

Con motivo do Día Mundial da Ciencia 2016 publicouse unha lista de inventos moi larga na que destacan, entre outros moitos, cinco descubrimentos que ao longo da historia influíron dun modo notable na paz e o desenvolvemento dos pobos. Saberías dicir por que esa elección tan breve? Estás de acordo nesta breve selección?, que che parece?

1 Lume. O primeiro descubrimento da historia foi o lume: permitiulle ao home cociñar os seus alimentos e protexerse dos depredadores que o ameazaban.

2 Linguaxe. É este medio de comunicación o que posibilitou que os individuos das tribos cooperasen entre si para realizar o traballo e imporse ás hostís condicións do medio ambiente.

3 A roda. Non se ten a data exacta nin se sabe onde se inventou a roda, pero foi a base impulsora da revolución industrial e grazas a ela foi posible pór a funcionar as máquinas de vapor, os ferrocarrís e as fábricas.

4 A electricidade. Benjamin Franklin foi o descubridor da electricidade, que puxo fin a millóns de anos en escuridade. Foi a partir da súa manipulación como se deu inicio a inventos como ordenadores, televisores, radios ou microondas, que facilitan a vida.

5 Penicilina: Alexander Fleming, o descubridor da penicilina, salvou moitas vidas en todo o planeta. É un medicamento que non só trata enfermidades, senón que prevén e mata os xermes que as causan.

actividades 2017

¿Estás de acordo? ¿Por que eses cinco inventos e non outros? Sen dúbida que es capaz de atopar algún outro invento que teña servido tamén para ese obxectivo de paz e desenvolvemento.

A1. Facemos entre todas da clase unha lista de problemas sociais que nos parecen importantes: fame, sede, saúde, auga, economía, política, pobreza, comunicación, clima, guerras, medio ambiente, paz, electricidade, agricultura, racismo, contaminación…

A2. Colocamos na parede da aula, por exemplo, dez carteis que representen outros tantos problemas.

A3. Dividímonos en parellas e cada parella elixe un problema.

A4. Buscamos na web do xornal ese tema, polo seu título (¡é fácil!) e a ver quen atopa entre as noticias algún invento, algunha actividade importante que sirva para ir resolvendo ese problema.

A5. Non esquezas o obxectivo: contribuír con ese invento á paz e o desenvolvemento.

A6. Xa no grupo total da clase, como demostramos que ese invento reúne eses dous obxectivos: paz desenvolvo?

A7. Intentámolo ao longo dun par de semanas e dedicámoslle cada día 10 minutos a esa investigación. ¡Alguén o agradecerá!