O meu peculiar «galeuska»

MANUEL XOSÉ NEIRA

CDLUGO

TRIBUNA | O |

06 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A NON cosecución da acta de eurodeputado de Camilo Nogueira fluctúa co embrollo que o PP tivo sempre coas cuestións palpitantes da emigración e o trasvase entre as tres comunidades históricas do Estado. Os galegos foron desterrados a Euskadi e, sobretodo, a Cataluña. En Baracaldo, onde o C.D. Lugo perdeu por un rotundo tres a cero co equipo local, que contaba con dous expléndidos paisanos nosos: Bernardo Tapia e Alvite, teño escoitado: «Pagar mil pesetas por ver a cuatro gallegos». En realidade eran dous galegos: Bernardo e Alvite. Teño as miñas dúbidas en contra de «El loco de la colina», e outros, sobre a mestizaxe dos pobos como as tiña o pensador Sabino Arana. Un pensador declaradamente decimonónico coma Risco. Racistas ambos, etnógrafos mellor. Arana pensaba nunha dexeneración da raza vasca pola vía multiracial. Chamaba «maquetos» aos españois, os que non saben andar ou teñen porte feminino cando o fan. Quen pensara na superioridade da raza vasca entraba por lóxica nos planes dun pensador do século XIX. En Cataluña existe unha gran colonia de galegos que me temo que non votarían un proxecto que descoñecían en parte ou lles soaría a chino: o proxecto Galeuska . Faise preciso que a xente emigrada retorne aos seus lares. Arana tiña a teima de «maketania» e Risco o odio ao comercio «maragato», eles serán os que destrozarán a economía de Galicia e Euskadi.