A Carballeira de Zas esgota 100 bonos en menos dunha hora sen necesidade de saber cartel
ZAS
O festival folk premia a fidelidade do seu público con estes primeiros lanzamentos a prezos máis reducidos
07 mar 2026 . Actualizado a las 18:16 h.A organización da Festa da Carballeira de Zas abriu o xoves ás 20.00 horas a venda dos primeiros bonos para a 41.ª edición do festival. En menos dunha hora, os cen primeiros voaron e iso cunha especificidade: sen nin sequera coñecerse o cartel dos concertos previstos para o 7 e 8 de agosto. É unha boa proba da fidelidade do público a este festival folk da Costa da Morte que é referencia non só na comarca, senón en Galicia e o panorama estatal. Vai máis ca de música: é o ambiente, é o lugar, é a xente, é a tradición. Recompensando esa querenza dos asistentes, estes 100 primeiros bonos xa esgotados saíron a un prezo de 15 euros. Os seguintes 300 terán un custe de 18 euros e, de aí en adiante, os restantes, subirán a 21 (o prezo regular desta 41.ª edición). No que respecta ás primeiras confirmacións, iranse coñecendo en vindeiras semanas. Pode adquirir os bonos a través da páxina web da Festa da Carballeira.