Zas e Malpica avanzan Letras Galegas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Marcos Creo

Os dous Concellos deron a coñecer nas últimas horas as súas programacións en torno ao 17 de maio

03 may 2023 . Actualizado a las 19:27 h.

Continúan os Concellos da Costa da Morte dando a coñecer programacións para as Letras Galegas. Zas e Malpica sumáronse este mércores. No caso do consistorio soneirán acadará 14 edicións o concurso de marcapáxinas, destinado ao alumnado de centros educativos do municipio: as bases, en www.concellodezas.org. Boa parte das propostas teñen como destinatario a público escolar, tirando de música, teatro ou animación á lectura.

Música

No auditorio do Concello de Zas, o xoves 11 ás 10.30 horas, función a cargo de Brais das Hortas: Contos para caghar patatillas! O venres 19, Abril, música folk no instituto Maximino Romero, ás 12.45 horas, para alumnado de ESO e bacharelato.

Teatro

O propio 17 de maio, día das Letras, dobre sesión no auditorio baiés, ás 18.00. Primeiro, o grupo Elas, do instituto, con O partido. Despois, o grupo de teatro de cuarto de primaria do Labarta Pose: O trasplante de corazón. Tamén no ámbito da dramaturxia seguirá avanzado este mes a sexta Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose: quedan tres citas, con Fauna 113 este sábado 6 de maio e con Carrachanacacha o 13, fixándose para o 20 a entrega de premios e clausura da escola de teatro infantil: auditorio, 18.00 horas.

Animación á lectura

Cunha compañía que xa é familia, Trinke Trinke. O luns 29 de maio, Viaxe a Brasil, na Axencia de Lectura de Baio, ás 18.00. O martes 30, este mesmo espectáculo, na biblioteca municipal de Zas.

María Rei Vilas
María Rei Vilas Ana García

Un mar literario, teatral e musical

«Malpica nun mar de letras» é o lema da programación municipal desta vila en torno ao 17. Do 12 ao 31, na biblioteca, exposición de Fernández del Riego, o protagonista este ano. Ese mesmo día de arranque, o 12, ás 20.00 horas, presentaranse a obra gañadora e o accésit do 17.º Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. A compañía Condetrespés representará «Crónicas clásicas» para alumnos do Urbano Lugrís, o luns 15. Ao día seguinte, Fantoches Baj fará o propio con «A viaxe feliz de Ramón San Fiz», para alumnado dos colexios de primaria e CRA. Cita importante, o propio 17, a primeira Ruada Nun mar de Letras, con agrupacións das entidades Carcaxía, Malante, Raigañas e Pan Sen Fron. Héctor Pose presentará o sábado 20 o seu libro «A urna das cartas», e o 30 habrá un encontro con María Rei Vilas na biblioteca.

Las Torres do Allo
Las Torres do Allo BASILIO BELLO

Obradoiro para nenos de 4 a 12 anos nas Torres do Allo

13 de maio • O pazo máis antigo de Galicia, as Torres do Allo, acollerán o 13 de maio un obradoiro para conmemorar as Letras. Será un taller para nenos de 4 a 12 anos, ás 16.00, no que os participantes plasmarán con palabras e debuxos, nun lenzo, a cultura galega. É de balde, mais cómpre inscribirse, nos centros culturais ou en info@torresdoallo.gal.