Marta Alonso Tejada: «Un disfrace currado, feito por un e ben presentado éo todo»
VIMIANZO
A artista estará hoxe en Vimianzo co director de Pistacatro, Pablo Reboleiro.
14 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Marta Alonso Tejada estará tamén este sábado na Costa da Morte. Farano en compañía de Pablo Reboleiro, director artístico de Pistacatro, no concurso de Vimianzo. A artista ourensá recoñece que a súa afección polo disfrace chegoulle algo tarde, pero que agora forma parte da súa celebración do entroido. En canto a valoración persoal, tanto Marta como Pablo fan fincapé na orixinalidade: «O enxeño é crave. Valoramos moito aquel disfrace feito na casa, non mercado nunha tenda. A presentación e a enerxía que ten a persoa que o leva tamén é importante. A súa capacidade de meterse no papel», apuntou Marta Alonso. O seu compañeiro de cerimonias foi máis aló: «Para min é moi importante a capacidade de transmitir esa retranca propia do entroido, de sentir o entroido». Pablo Reboleiro é máis dado a disfrazarse, pero dada a súa faceta profesional, estas datas tamén teñen unha compoñente máis laboral. En todo caso, di que sempre hai un oco para gozar da festa». Sobre a temática das súas vestimentas para este sábado en Vimianzo, ningún quixo desvelalo, pero si apuntaron que mesturarán San Valentín co «ambiente caldeado», que hai no mundo.
A artista Marta Alonso Tejada.