Para o venres 16 de xaneiro hai convocado un encontro no auditorio da Casa da Cultura
09 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O programa Escora Danza, que da man da Deputación xa ten feito raíz e diálogo coa Costa da Morte, volverá a Vimianzo este novo ano, mais terá antes unha cita previa. O vindeiro venres 16 de xaneiro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura, terá lugar un encontro no que os asistentes poderán elixir a programación que desexan ter no seu municipio: «Levarase unha selección de artistas para presentar en sociedade e falar dos seus traballos», comunicou o Concello. «O obxectivo é abrir un debate para que o programa 2026 sexa máis nutritivo e achegue a realidade do noso territorio», engaden. Non é preciso ter coñecemento en danza. Haberá café, bica e diálogo.