Vimianzo recibe hoxe á Orquestra de Cámara Galega

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

Hai este sábado moito Samaín na Costa da Morte, mais tamén citas doutro tipo 

01 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Fóra do Samaín, tamén hai hoxe na Costa da Morte interesantes paradas, como o concerto da Orquestra de Cámara Galega no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo: 20.30 horas, 5 euros. Soarán composicións de Handel, Alessandro Marcello, Edvard Grieg ou Rogelio Groba, pai e fillo, segundo avanzaba o director en La Voz. Oportunidade única na Costa da Morte.

Cee • Comezan na Casa da Cultura as 24.ª Xornadas Micolóxicas Costa da Morte, con Pan de Raposo. Saída ao monte con Julio Cabero (10.30) e os seus cans Rany e Kayra, con moito que ensinar na procura de cogomelos. Ás 18.00 ofrecerá el mesmo unha charla: Trufa negra y hongos hipogeos.

Corcubión • Ás 20.00 horas, na Casa da Cultura, comedia ácida e feminista con Camtheam: Veredicto. Humor, reflexión e forza neste Circuíto Galego de Teatro Amador.

Zas • De 19.00 a 22.00, nova sesión de baile para maiores no centro sociocultural, hoxe amenizada polo Trío Digital.