Dobre proposta pola Semana da Biblioteca en Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

<span lang= gl >Pakolas, en imaxe de arquivo</span>
Pakolas, en imaxe de arquivo ALBERTO LÓPEZ

As actividades estarán dirixidas a público escolar

15 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Vimianzo conmemora a Semana da Biblioteca cunha programación dirixida ao alumnado dos centros educativos. Serán dúas actividades: o espectáculo musical A Ramona pequena vai á lúa, de Pakolas, o día 22 para rapaces de infantil do CEIP San Vicenzo e da EEI de Carantoña (10.30), e un espectáculo do mago Dani García, para alumnos de primaria do San Vicenzo, o día 24 ás 10.30.