Desenvolvemento e identidade, por Rosa Sánchez 

Rosa Sánchez ADL, LICENCIADA EN CIENCIAS EMPRESARIAIS

VIMIANZO

21 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Con motivo da clausura da 30.ª Mostra de Artesanía en Vivo no Castelo de Vimianzo participei creando un relato dedicado ás mouras (...). Estes seres da nosa mitoloxía están presentes na toponimia por toda Galicia e unha boa parte delas foron construtoras da paisaxe. Levaban grandes rochas, para edificar os dolmens, mentres ían fiando, con bebé no colo e un mandil cheo de agasallos. Non esquecemos outras lendas como a da Orcavella de Fisterra e as mouras da mitoloxía grega que tecían a vida. Tamén fixemos unha lembranza da Poza da Moura pola súa similitude coa lenda da Buserana.

Trabállase o liño desde hai máis de 30.000 anos, tivo unha presenza destacada en varias culturas —pousamos máis atención na época dos castros— e sustentou a economía galega do XVIII, con microindustria en todos os fogares. O relatorio previsto para hoxe na xornada das Torres do Allo, doutro lado, pretende facer unha reflexión sobre o papel da artesanía no desenvolvemento local e a súa capacidade de dar a coñecer a identidade do territorio. Faremos un percorrido por boas prácticas, para rematar con algunha proposta.

Amigos do Liño leva impulsando iniciativas relacionadas coa cultura e artesanía téxtil da Costa da Morte dende o noso nacemento. Con esta xornada pretende afrontar novos retos e ir cos tempos. Esta asociación non é allea á preocupación da humanidade, a sustentabilidade (...). Ademais de impregnar de sustentabilidade o seu facer de cada día, ten capacidade para crear espazos de reflexión colectiva co fin de valorar o que temos, cuestionarnos o que facemos mal como sociedade e para aprender co obxectivo de tecer un mundo no que todos teñamos o noso espazo (...).