Raquel Rodríguez: «Hai servizos básicos en Vimianzo que non se están cubrindo»

V. Couto / M. López CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

ANA GARCIA

A carreira electoral | Á candidata popular gustaríalle formar un goberno aberto, accesible e «dispoñible» a tódolos veciños do municipio

03 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Arquitecta técnica de formación, Raquel Rodríguez Amigo (Carnés, 1978) encabeza de novo a candidatura do PP vimiancés de cara aos vindeiros comicios. Apostará, di, por unha baixada xeral dos impostos: IBI, lixo e circulación, entre outros. Tamén quere poñer en marcha un programa Madrugadores, para fomentar a conciliación laboral e familiar.

-Repite como candidata, como ve o escenario preelectoral en Vimianzo catro anos despois?

-Para nós a situación é bastante diferente á que tiñamos hai catro anos. Levamos un equipo renovado, reforzado e moi potente para concorrer á alcaldía de Vimianzo o día 26 de maio. No 2015 eu acababa de entrar e había unha situación bastante convulsa no partido. Nestes intres, a xente que xa estaba e a que acaba de entrar no proxecto estamos moi unidos, co cal estou moi contenta.

-Que destacaría do seu programa?

-Os programas, creo eu, deben basearse nas necesidades reais dos veciños de Vimianzo. O noso baséase nas necesidades básicas que agora mesmo non se cobren, como a limpeza e mantemento de pistas e dos núcleos de poboación, saneamento, melloras en parques infantís, instalacións deportivas... É dicir, todos aqueles aspectos polos que se pagan impostos e que non se están cubrindo. Queremos recuperar os servizos sociais: traballar na axuda ao fogar e na vivenda comunitaria, potenciar a gardaría e implantar medidas para favorecer a conciliación familiar. Neste senso, queremos impulsar un programa de Madrugadores. É fundamental, e así o faremos, a redacción dun Plan Xeral, para desenvolver as actividades básicas do concello, como son o comercio e a edificación. Tamén hai que axilizar os procedementos administrativos, dotar de seguridade xurídica a particulares e empresarios, así como crear emprego para frear o despoboamento. Sobre todo, propoñemos unha baixada de impostos, tales como o IBI, lixo ou taxa de circulación.

Estas son algunhas pinceladas dun programa que iremos presentando porta a porta aos veciños, xa que queremos ser un goberno aberto, accesible e dispoñible.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor para determinados delitos
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: Respectar presunción de inocencia
  • Traslado de restos de Franco: Hai problemas más importantes
  • Referendo Cataluña: En contra
  • Acollida de refuxiados: Con control, a favor
  • Eutanasia: Defendo a morte digna, non eutanasia
  • Cambio lei violencia xénero: Se é para mellorala, si
  • Prohibición fumar praias e piscinas: Con tolerancia, todos cabemos
  • Casco urbano a 30 km/h: Depende dos núcleos

Preferencias

  • A que hora se ergue?: 7.15
  • Que almorza?: Zume, cola cao e cereais
  • Prato preferido: Croquetas, tortilla... Todo caseiro
  • Que non comería?: Probo de todo
  • Bebida preferida: Calquera refresco
  • Equipo de fútbol: Non son moi futboleira
  • Que coche ten?: Un Peugeot 2008
  • Unha afección: A decoración e as manualidades
  • Un lugar: Calquera onde se poida pasear
  • Que tarefas de fogar realiza?: Fago de todo, aínda que repartimos

Artes e letras

  • Escritor favorito: Ken Follet e Javier Sierra
  • Último libro que leu: El ángel perdido
  • Última película que viu: Dende que teño o neno vexo debuxos animados
  • Un artista: Van Gogh
  • Un actor: Richard Gere
  • Unha actriz: Nicole Kidman
  • Un cantante: Alejandro Sanz
  • Tipo de música: Pop
  • Deporte que practica: Debería facer, pero non fago
  • Unha viaxe pendente: París

A listaxe

1. Raquel Rodríguez Amigo

2. Francisco Manuel Calzas Suárez

3. José Manuel Rodríguez Blanco

4. Laura Miñones Castiñeira

5. José Pérez Rodríguez

6. Beatriz López Cernadas

7. Sergio Limideiro Canosa

8. Mónica Pazos Pose

9. Verónica Costa Pose

10. Sergio Lema Pose

11. María Inmaculada Sánchez Trillo

12. Emilio Domingo Suárez Blanco

13. Manuel Vecino Valiño

Suplentes

1. María del Carmen Mouzo Lema

2. Juan Silva Jallas

3. María Dulzura Quintáns Fidalgo

4. María del Sol Santos Rey

5. Anselmo Castiñeira Caamaño