Estrea exitosa do proxecto de roteiros por Ponteceso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Arrancou con Val Nativo a ruta Pondaliana que permitiu estar no xardín da casa do bardo e ler os primeiros versos de varios dos seus poemas

28 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Alumnos del colexio Alcalde Xosé Pichel de Coristanco foron onte os primeiros participantes no proxecto Roteiro dos Sentidos: da Pedra ao Mar que puxo a andar a Fundación Pondal e o Concello de Ponteceso para mostrar a rapaces e adultos o patrimonio do concello.

Arrancou con Val Nativo a ruta Pondaliana que permitiu estar no xardín da casa do bardo e ler os primeiros versos de varios dos seus poemas, recollidos nos monolitos que forman o percorrido. Foron guiados por Suso Lista, que conseguiu captar a atención dos estudantes. O tempo axudou porque foi soleado, pero o nordés incomodou nalgúns puntos.

Na sede da Fundación, alumnos e docentes de Coristanco coñeceron a historia das Festiletras e tamén os cadaleitos dos parentes del Pondal.

Haberá máis percorridos, para dar a coñecer as figuras de Mourelle ou Mosquera Manso. Toda a actividade está pensada como unha ferramenta pedagóxica, previa a traballo na clase.