Cóllese antes a un mentireiro...


No último pleno fixen unha pregunta «por escrito» ao concelleiro de APIN Marcos Varela e tiña que ter contestado a outra pregunta do pleno anterior o edil do BNG, o señor Casmartiño.

A pregunta que lle fixen ao señor Marcos Varela «por escrito» era a seguinte: Coñece vostede que o departamento de Deportes do anterior goberno levaba nenos e nenas a ver dous partidos de fútbol a Riazor, un na primeira e outro na segunda volta da liga de fútbol?». O concelleiro Marcos Varela respondeu que si que tiña coñecemento, que era certo. Agradecinlle a súa resposta, pois se fixen esta pregunta é porque vostede ante un xuíz dixo que o consultara co concelleiro e coa técnica de Deportes e lle dixeran que non era certo, que o alcalde usaba as tres tarxetas que había que sacar para levar aos nenos e nenas a Riazor para uso propio. Por certo, son socio do Deportivo dende moito antes de ser alcalde. Agardo que cando chegue a hora de declarar -se é que chega- transportistas, persoal do Concello e algún daqueles nenos, que agora xa serán mozos, poidan dicir a verdade.

Da pregunta ao señor Casmartiño pouco hai que comentar. Tivo dous meses para estudala e nin sequera foi capaz de lela, tivo que lerlla vostede. Catro liñas que tería que saber de memoria se a tivese contestado el. Unha mágoa que o concelleiro de Patrimonio, en lugar de protexelo, non fai máis que destruílo.

Non houbo máis preguntas, señor alcalde. No apartado de «Dacións de conta» comentamos que cómo era posible que se levasen pagado tres facturas de dirección de obra do Recheo por importe de 8.470 euros cada unha, e moitas máis direccións, cando antes eran competencia do técnico municipal.

Como é posible que se lle pague a unha persoa por facerlle as notas de prensa e levarlle as redes sociais a cantidade de 1.524,60 euros?

E hai outras moitas facturas «estrañas». Esperemos que no próximo pleno teña a ben contestar. Recórdolle o refrán: «Cóllese antes a un mentireiro que a un coxo».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
27 votos
Comentarios

Cóllese antes a un mentireiro...