Terceiro grao

La Voz

PONTECESO

A escritora precisou algo de axuda

14 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A cormelá tivo que someterse ao temido cuestionario, no que precisou pedir ao seu acompañante Xulio:

?¿Cal foi o último faro construído na comarca?

?Nin idea. Podería ser en Cee ou en Camelle. 

?Non, foi o de Punta Nariga. ¿Que lugar de Vimianzo é famoso polos seus callos?

?Hai un que creo que se chama Casa Sabina que coñecín cando fixen a ruta dos penedos onde estaban moi bos.

?¿Onde naceu o creador do futbolín?

?Alexandre de Fisterra.

?¿Unha afección?

?Ler, como non. 

?¿Como se chama a famosa tasca carballesa onde naceu Alfredo Brañas?

?Nin idea. Creo que é unha na que estivemos hai pouco tempo cuns amigos, pero non recordo o nome. Son moi mala para esas cousas.

?¿Onde rodou Almodóvar escenas da súa película Silencio?

?¿Pode ser Corcubión?

?Case. Foi en Muxía ¿Gaita ou guitarra?

?A gaita, por suposto. Ademais toqueina durante moitos anos e encantábame, pero tiven que deixala pola asma.

?¿E cal é o río que ten catro centrais eléctricas?

?[Pregúntalle ao seu acompañante] O do Ézaro.

?Que é o Xallas. Un adxectivo que a defina.

?Alegre. Son unha persoa positivista. Miña nai dicíame que sempre sorría en todas as fotos.

?¿E un defecto?

?Autoesixente.

?¿Cal é a súa comida favorita?

?A tortilla de patacas que facía a miña madriña.

?¿Un lugar da Costa da Morte?

?Corme, claro está.

?¿En que cabo hai o atardecer máis longo de Europa durante dous meses ao ano?

?En Fisterra.

?Non. Era o cabo Touriñán ¿Unhas festas?

?Ás do Carme de Corme.