Declaración institucional, acendido simbólico, mesa informativa e actividades nos centros: por aí pasa o programa muxián para o 25 de novembro
19 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«A erradicación da violencia contra as mulleres é unha responsabilidade de toda a sociedade. En Muxía avanzamos xuntas e xuntos cara un futuro máis xusto e igualitario». O Concello muxián fai acompañar esta reflexión do programa avanzado para o 25 de novembro. Incluirá este unha declaración institucional no Cabo da Vila (12.00 horas, o propio día 25), o acendido simbólico de alumeado violeta e tamén unha mesa informativa-ruleta, igualmente na praza, entre 12.30 e 14.30 horas. É esta unha actividade aberta a toda a veciñanza, mentres que nos centros educativos terán ao seu dispor actividades lúdicas e teatralizadas arredor do respecto e do o bo trato.