A Cea das Letras de Malpica, o sábado 22 de novembro

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Francisco Fernández, segundo pola esqueda, gañou na edición do 2024
Francisco Fernández, segundo pola esqueda, gañou na edición do 2024 BASILIO BELLO

Antes do seu inicio darase a coñecer o fallo da 20.ª edición do certame de poesía erótica Illas Sisargas

09 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A localidade de Malpica acollerá o vindeiro sábado 22 de novembro unha nova edición da Cea das Letras: será ás 20.00 horas, na Casa do Pescador, unha auténtica festa da poesía e, como referencian dende o consistorio, «unha das citas literarias máis queridas».

E é que durante o acto darase a coñecer o fallo do 20.º certame de poesía erótica Illas Sisargas, singular no panorama literario galego e promovido dende a asociación Caldeirón e o Concello malpicán, dende a súa área de Educación, Cultura, Patrimonio, Deporte e Turismo. Unha vez se coñeza o gañador ou gañadora, terá lugar a tradicional cea.

Acudir a esta ten un custe de 20 euros e as reservas poden facerse no 649 507 208 ou ben no 981 707 104. Queda pouco, pois, para coñecer quen relevará este 2025 ao nome do vigués Francisco Fernández Davila, escritor e enxeñeiro: el foi quen gañou na pasada edición deste concurso co traballo titulado Atravesar o don.