Será o 12 de setembro, no Museo do Mar, e incluirá unha charla do filólogo Vicente Feijoo
06 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra segue de xira por Galicia e o vindeiro venres, 12 de setembro, chegará a Laxe co obxectivo de recompilar topónimos ou microtopónimos do municipio da man dos propios veciños. A cita será ás sete da tarde, no Museo do Mar, e estará presentada polo alcalde, Francisco Charlín, e pola concelleira de Cultura, Raquel Lema.
Durante a sesión, o filólogo Vicente Feijoo Ares, coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da RAG e da aplicación Galicia Nomeada, ofrecerá unha charla para amosarlle aos asistentes como funciona a app e para falarlles tamén da orixe e do significado dalgúns nomes de lugares como Soesto, Aprazaduiro ou Agravil. Esta información, apuntan dende a Academia, elabórase coa colaboración de Gonzalo Navaza, académico numerario e profesor na Universidade de Vigo.
Agardan que a visita sirva para colleitar máis colaboracións en Laxe.