Queixos, viño e cogomelos: dúas citas experienciais en Arrueiro, Laxe

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

LAXE

Luísa García e Víctor Basante, responsables de Arrueiro, en Laxe
Luísa García e Víctor Basante, responsables de Arrueiro, en Laxe ANA GARCÍA

A casa de turismo rural lanza propostas para o 26 de outubro e o 16 de novembro

22 oct 2024 . Actualizado a las 18:12 h.

Este sábado 26 de outubro e o 16 de novembro • O turismo que chega á Costa da Morte pide xa un paso máis alá do aloxamento e a gastronomía, demanda experiencias. Sabedora diso, a casa rural Arrueiro (Soesto, Laxe) promove dúas citas para a creación de «experiencias memorables» e «enriquecedoras», sinalan os seus responsables, Víctor Basante e Luísa García.

A primeira delas será este sábado 26, unha cata de catro queixos do experto Aitor Veiga maridada con outros tantos viños, unha coidada selección coa guía do sumiller Pablo Fieira (35 euros). Para o 16 de novembro, doutro lado, Arrueiro lanza unha xornada micolóxica co experto Juan Carlos Lauroba. Neste caso (75 euros) incluirá unha saída guiada para a recolección de cogomelos, e logo a degustación dun menú elaborado especialmente para este día con exemplares do entorno, maridada con viño. 

Para anotarse: info@arrueiro.com ou 617 749 636. Os interesados podrán ademais beneficiarse dun desconto no prezo de aloxamento, se deciden durmir en Arrueiro.