«Cantares das Letras», en Laxe, para conmemorar o 17 de maio

La Voz CARBALLO / LA VOZ

LAXE

BASILIO BELLO

O Concello festexará tan significativa data con este espectáculo de Luís Vallecillo

07 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Luns 17 de maio • O Concello de Laxe conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo familiar que combinará música e teatro e que levará aos presentes ata as orixes desta conmemoración, «facéndonos un percorrido histórico nun ton desenfadado e divertido», traslada o consistorio segundo a voz do artista, Luís Vallecillo. Será o propio 17, ás sete da tarde, no salón de actos culturais.

Cantares das Letras, nome desta sesión, non só abordará a vida e obra da figura literaria que se conmemora este ano, Xela Arias, senón que tamén permitirá coñecer e lembrar a outros autores e autoras aos que se lle dedicou esta data en anos anteriores, reflexionando ao redor da razón pola que, cada ano, e cada 17 de maio, se festexa esta xornada. A entrada a Cantares das Letras é gratuíta, mais o aforo limitado a 30 personas, polas restricións.